lunes, agosto 04, 2008

PETICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO PÁRAMO PARA QUE SE SOLICITE AS SUBVENCIÓNS PERTINENTES PARA O ARREGLO DAS ESCOLAS DE SAA E MOSCÁN.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Páramo é un concello con un gran deficit de centros sociais parroquias como sí existen en outros Concellos de Galicia.
Desde o mes de Abril do ano 2005 en que se tramitou por parte do Concello do Páramo a desafección das Escolas de Saa e Moscán para que estas pasasen a formar parte do patrimonio municipal, seguen estando no mesmo estado de deterioro no que persisten desde os últimos 25 anos.
Vai sendo hora por tanto de dar pasos firmes para consolidar centros sociais parroquiais que sirvan de centro de reunión dos veciños e polo tanto :

VEÑO EN SOLICITAR O SEGUINTE :

1.Que se solicite por parte do Señor Alcalde perante a DEPUTACIÓN DE LUGO a subvención pertinente a través Do Programa de Cooperación cos Concellos cuias bases se aprobaron o día 11 do presente mes de xullo ( B.O.P , número 172 (28-xullo-08).Subvención que ascende por parte da Deputación a 17.000 € ( o 70 por 100 do custo ) dos que o Concello ten que poñer o 30 por 100 restante co fin de rehabilitar as Escolas da Cova de Saa e as Escolas de Moscán e convertelos en Centros Sociais.
2. Que se complemente dita subvención coa Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 18 de xuño do 2008 pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009.










No hay comentarios:

Colaboradores