lunes, mayo 07, 2007

DIA 22 DE MAIO
MITIN CENTRAL DO PSdeG-PSOE DO PÁRAMO
DÍA 22 DE MAIO ÁS 21:00 HORAS NA CASA DO MÉDICO
CAMPO DA FEIRA ( VILARMOSTEIRO)

Intervirán :

Don Pastor Fuenteseca Díaz
Director Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.


Dona Margarita Pérez Herranz
Deputada no Parlamento Galego

Pablo ( Candidato a Alcaldía do Páramo)



DÍA 25 DE MAIO :
PECHE DE CAMPAÑA NA FEIRA DO PÁRAMO


CON MIGUEL ANGEL FERNANDEZ ( SECRETARIO XERAL DO PSdeG-PSOE DE SARRIA E DIRECTOR XERENTE DO HOSPITAL XERAL- CALDE DE LUGO )


Pulpeiro NILO AS 14:00 HORAS


Lugar : Campo da Feira
Reserva a túa mesa chamando ó 690 330553



"O PÁRAMO IN ENGLISH" : APRENDER INGLÉS FALANDO E DIVERTÍNDOSE

"
O PÁRAMO IN ENGLISH " é un Proxecto , parte do Programa da Agrupación do PSdeG-PSOE e tamén é un vello soño meu para ensinar ós nenos e á xente nova do Páramo Inglés con profesores nativos.Clases completamente gratuitas e voluntarias , en horario extraescolar ou durante o verán.
Queremos que os nosos nenos e xovenes entendan e falen o inglés con fluidez. Xa que non os podemos mandar a Inglaterra traeremos ó Páramo os profesores de lingua inglesa nativos que vivan na área de Lugo para falar e falar en inglés hasta que os Nosos "Os do Páramo" sexan nenos e mozos completamente Trilingues Inglés-Castelán-Galego

viernes, mayo 04, 2007

Noticia da Voz de Galicia sobre a lista totalmente nova (+ pincha)
UN COMPROMISO POLÍTICO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO CO PÁRAMO : A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE DÍA A TRAVÉS DUN OBRADOIRO DE EMPREGO

Ter un goberno amigo na Xunta Axuda ! , e axuda moito ,e se nós nos deixamos axudar eso axuda ainda moito máis . A nosa política ha de basearse nunha cuestión de prioridades .
As nosas prioridades son a xente nova e a xente maior . A respecto da xente maior lograremos ter un Centro de Día a través dun Obradoiro de Emprego específico para elo, que ademais de crear un Centro de Día logrará diminuir o desemprego que no Páramo ten unha das cifras máis altas de toda a Comarca de Sarria chegando a dobrarse o número de desempregados de Xaneiro de 2002 a Xaneiro de 2007 .
Os nosos maiores deben estar ben atendidos , as familias terán a oportunidade de ter un lugar onde poder deixalos todo o día ben atendidos é o máis importante.Así os maiores non se desarraigan pois durmen nas súas casas pola noite e teñen o cariño familiar.
Non todo é facer lamberetadas para aumentar o colesterol en días de campaña senón que temos que facer algo máis......, pensar no día seguinte !, pensar en ..............levar accións diarias. Unha política de 24 horas e non de bocadillo e apurada uns días antes das eleccións .

A Agrupación do PSdeG- PSOE do Páramo acude á Presentación da Candidatura do PSdeG-PSOE de Sarria con Pepe Blanco .

Son as sete e media da tarde e chega Suso ( o de Organización) (- Pablo séntate nesa silla), e non me queda outra opción !Mentres o Delegado de Política Territorial me di algo , aparece en escena Pepe Blanco . Relembro que fai uns días unha nena tocara a cara de Zapatero para saber se era real e Pepe Blanco vexo e si é real ! .
Quedeime con moitas palabras do acto pero en especial con unha que dixo Pepiño Blanco - A dereita sempre pon a desculpa de que non ten cartos para levar a cabo melloras en temas sociais como o é a Lei de Dependencia e despois ven a esquera e trae esas melloras e como fan avanzar á sociedade a dereita é incapaz de quitarllas de novo á xente .
Creo que aquí imos facer o mesmo , imos a traer , a traer a traer cousas que para cando eles volvan a gobernar estarán tan dentro da sociedade nosa que xa non se llas poderá sacar ! .

Pablo

A PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA O DÍA 25 DE ABRIL NO TELECLUBE DE RIBAS DE MIÑO FOI TODO UN ÉXITO

Facía moito que non se recordaba un mitin do PSdeG-PSOE no Páramo e nunca no Teleclube de Vilar , nunha zona : a da Encomenda tradicionalmente olvidada.
O primeiro en intervir foi Miguel Angel Fernández López ( Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Sarria e actual Director Xerente do Hospital Xeral-Calde) .Posteriormente falou o Delegado da Consellería de Medio Ambiente en Lugo Eduardo Vidal quen suliñou que nos dous anos que levamos de goberno nunca se reunira no seu despacho co actual rexedor municipal.

Finalmente falou o Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía do Páramo . O Candidato " Pablo " falou da necesidade de contar con un Goberno Amigo na Xunta para así poder - dialogar e entenderse mellor ( dixo ) á hora de pedir máis obras para O Páramo.
Tamén falou das obras que se farán co futuro Goberno Socialista do Páramo e entre a que cabe destacar a máis importante que será: Un Centro de Día a construir con un Obradoiro de Emprego financiado pola Conselleria de Traballo .
Asistiron ó acto o Delegado de Política Territorial de Lugo : Daniel Nuñez Segada , a Deputada Autonómica Margarita Herranz , o Delegado de Pesca en Lugo ademais dos Candidatos e Candidaturas dos Concellos limítrofes de O Corgo e Portomarín .
O teleclube estaba cheo e ó acto asistiron ó redor de 100 persoas .

A AGrupación do PSdeG-PSOE do Páramo ten raices fondas de tradición GALEGUISTA

As nosas raices son como as dos Carballos do Campo da Feira , que afondan na historia . Na defensa da nosa cultura e valores , da lingua galega ,da autoestima de sermos do Páramo....

Poucos saben ou lembran que na II República tivemos unha Agrupación do Partido Galeguista no Páramo . Dito nome en nada ou pouco ten que ver co actual partido localista " Partido Galeguista".

Daquel Partido Galeguista "o da II República "somos deudores toda a Sociedade Galega ó permitirnos ese Partido a través de Castelao , Vilar Ponte , Suarez Picallo ou Otero Pedrayo en Madrid poder calificarnos hoxe de "Nacionalidade Histórica " .
Para outro día deixarei o fermoso discurso de Castelao ante o Congreso dos Diputados en Madrid do 18 de Setembro do ano 1931 que vale a pena reproducir palabra a palabra pois é un poema en si mesmo .

No PÁRAMO o Partido Galeguista estaba constituido entre outros por Ramiro de Mundin ou Jesús de Vigo . Anos máis tarde na transición Jesús foi o primeiro concellal do PSdeG-PSOE no Páramo da etapa moderna .
Relembrome de Jesús de Vigo , do lugar en Vigo onde recibian o correo e do buzón de Jesús cheo de periódicos de El Socialista .
Gracias a eles estivo no Campo da Feira " Otero Pedrayo " dando un discurso e moi posiblemente Castelao ( máis ainda non o teño confirmado ) .

Hoxe deixo aquí a foto do selo do Partido Galeguista ( gardado como ouro en paño nun lugar segredo da Provincia de Lugo , a salvo de curiosos) .Pensar que con so posuilo houbese significado pena de morte segura para eles nos anos duros da dictatura .Por eso quero hoxe facer memoria para o Grupo Galeguista do Páramo , dos seus logros , do seu legado e mesmo deste selo que hoxe presentamos como primicia.

Pablo

Colaboradores