UN COMPROMISO POLÍTICO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO CO PÁRAMO : A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE DÍA A TRAVÉS DUN OBRADOIRO DE EMPREGO Ter un goberno amigo na Xunta Axuda ! , e axuda moito ,e se nós nos deixamos axudar eso axuda ainda moito máis . A nosa política ha de basearse nunha cuestión de prioridades .
As nosas prioridades son a xente nova e a xente maior . A respecto da xente maior lograremos ter un Centro de Día a través dun Obradoiro de Emprego específico para elo, que ademais de crear un Centro de Día logrará diminuir o desemprego que no Páramo ten unha das cifras máis altas de toda a Comarca de Sarria chegando a dobrarse o número de desempregados de Xaneiro de 2002 a Xaneiro de 2007 .
Os nosos maiores deben estar ben atendidos , as familias terán a oportunidade de ter un lugar onde poder deixalos todo o día ben atendidos é o máis importante.Así os maiores non se desarraigan pois durmen nas súas casas pola noite e teñen o cariño familiar.
Non todo é facer lamberetadas para aumentar o colesterol en días de campaña senón que temos que facer algo máis......, pensar no día seguinte !, pensar en ..............levar accións diarias. Unha política de 24 horas e non de bocadillo e apurada uns días antes das eleccións .
No hay comentarios:
Publicar un comentario