
A PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA O DÍA 25 DE ABRIL NO TELECLUBE DE RIBAS DE MIÑO FOI TODO UN ÉXITO
Facía moito que non se recordaba un mitin do PSdeG-PSOE no Páramo e nunca no Teleclube de Vilar , nunha zona : a da Encomenda tradicionalmente olvidada.
O primeiro en intervir foi Miguel Angel Fernández López ( Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Sarria e actual Director Xerente do Hospital Xeral-Calde) .Posteriormente falou o Delegado da Consellería de Medio Ambiente en Lugo Eduardo Vidal quen suliñou que nos dous anos que levamos de goberno nunca se reunira no seu despacho co actual rexedor municipal.
Finalmente falou o Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía do Páramo . O Candidato " Pablo " falou da necesidade de contar con un Goberno Amigo na Xunta para así poder - dialogar e entenderse mellor ( dixo ) á hora de pedir máis obras para O Páramo.
Tamén falou das obras que se farán co futuro Goberno Socialista do Páramo e entre a que cabe destacar a máis importante que será: Un Centro de Día a construir con un Obradoiro de Emprego financiado pola Conselleria de Traballo .
Asistiron ó acto o Delegado de Política Territorial de Lugo : Daniel Nuñez Segada , a Deputada Autonómica Margarita Herranz , o Delegado de Pesca en Lugo ademais dos Candidatos e Candidaturas dos Concellos limítrofes de O Corgo e Portomarín .
O teleclube estaba cheo e ó acto asistiron ó redor de 100 persoas .
No hay comentarios:
Publicar un comentario