A AGrupación do PSdeG-PSOE do Páramo ten raices fondas de tradición GALEGUISTA
As nosas raices son como as dos Carballos do Campo da Feira , que afondan na historia . Na defensa da nosa cultura e valores , da lingua galega ,da autoestima de sermos do Páramo....
Poucos saben ou lembran que na II República tivemos unha Agrupación do Partido Galeguista no Páramo . Dito nome en nada ou pouco ten que ver co actual partido localista " Partido Galeguista".
Daquel Partido Galeguista "o da II República "somos deudores toda a Sociedade Galega ó permitirnos ese Partido a través de Castelao , Vilar Ponte , Suarez Picallo ou Otero Pedrayo en Madrid poder calificarnos hoxe de "Nacionalidade Histórica " .
Para outro día deixarei o fermoso discurso de Castelao ante o Congreso dos Diputados en Madrid do 18 de Setembro do ano 1931 que vale a pena reproducir palabra a palabra pois é un poema en si mesmo .
No PÁRAMO o Partido Galeguista estaba constituido entre outros por Ramiro de Mundin ou Jesús de Vigo . Anos máis tarde na transición Jesús foi o primeiro concellal do PSdeG-PSOE no Páramo da etapa moderna .
Relembrome de Jesús de Vigo , do lugar en Vigo onde recibian o correo e do buzón de Jesús cheo de periódicos de El Socialista .
Gracias a eles estivo no Campo da Feira " Otero Pedrayo " dando un discurso e moi posiblemente Castelao ( máis ainda non o teño confirmado ) .
Hoxe deixo aquí a foto do selo do Partido Galeguista ( gardado como ouro en paño nun lugar segredo da Provincia de Lugo , a salvo de curiosos) .Pensar que con so posuilo houbese significado pena de morte segura para eles nos anos duros da dictatura .Por eso quero hoxe facer memoria para o Grupo Galeguista do Páramo , dos seus logros , do seu legado e mesmo deste selo que hoxe presentamos como primicia.
Pablo
No hay comentarios:
Publicar un comentario