domingo, abril 29, 2007


OROZCO - VINTE HOXE NA PRENSA !

Estabamos entrando no comedor do Madrid no Corgo para a Presentación da Candidatura do Corgo e foi entonces cando puiden falar con Orozco - É o do Páramo lle dixeron os concellaís que tiña ó lado - Xa o sei , xa o sei , ( lles dixo ) - Vinte hoxe na Prensa ! e así empezamos a falar !

O que Orozco non sabía nin me deu tempo a contarlle foi o principio desta foto ! , a longa historia que pasei ata chegar a ela .
Relembro fai oito anos , daquelas era un mociño e empecei a ver en Telelugo a Orozco falando , cando transmitía os seus valores, o seu optimismo, a fe no política como motor de cambio . Orozco foi o meu ídolo e aprendin del que non pode haber satisfacción maior para un ser humano que aspirar a ser Alcalde do seu Concello , da terra que amas e te viu nacer , do lugar no que medraches, te namoraches e soñaches con chegar lonxe . De Orozco aprendin a dignidade do cargo de político. Que nós lle damos o significado a cada palabra . Orozco deulle para min un novo significado as palabras que coñecía .

Logo volvo a coller a foto do períodico , a nova Candidatura en titulares , a Candidatura máis renovada de toda a Provincia de Lugo , a Agrupación que máis medrou en toda a comarca de Sarria e eso............emocióname !.Emocioname facer o que sempre quixen facer.....para min esto non é traballar ... è facer Surf sobre as olas !

Pablo

No hay comentarios:

Colaboradores