Yolanda Vazquez de San Mamede será a Número Dous da candidatura do PSdeG-PSOE de O Páramo .
Yolanda Vázquez nacida no ano 1974 en San Mamede ( O Páramo ) será a número dous da lista do PSdeG-PSOE de O Páramo ás próximas eleccións municipais.
A decesión foi adoptada por unanimidade pola Asamblea da Agrupación do PSdeG-PSOE de O Páramo así como o resto dos membros da candidatura que se presentará o Mércores día 25 no Teleclube de Vilar de Ribas de Miño ás 21:00 horas
Yolanda é titular dunha explotación gandeira na Parroquia de San Mamede .
O PSdeG-PSOE de O Páramo prentende así aumentar a representación feminina en postos de decisión do Concello así como fomentar a participación das mulleres do rural e das persoas que viven permanentemente no Páramo .
Moi segura de si mesma e decidida a participar desde un principio no proxecto socialista do Páramo dice que os seus principais obxectivos políticos son mellorar a calidade de vida das mulleres do rural galego , a falta de oportunidades laborais no Concello pero sobre todo loitar por un maior aumento de dotacións nos núcleos máis afastados da capitalidade municipal .Puxo como exemplo o caso de San Mamede (onde vive ) que dista a máis de 9 km do Campo da Feira do Páramo e - onde todo está por facer ( dixo ) .
O PSOE de O Páramo está a traballar nun Comité Electoral para dar cabida a moitas das persoas que quedaron fóra da candidatura o que viu desbordadas completamente as previsións do PSOE de O Páramo . Un feito sen precedentes na historia da Agrupación do PSdeG-PSOE no Concello do Páramo .
Agrupación do PsdeG-PSOE de O Páramo
No hay comentarios:
Publicar un comentario