
O sábado 31 de Marzo á noite a Agrupación Socialista do Páramo acudimos a arroupar ó Candidato á Alcaldía de Castroverde Xose Maria Arias Fernández .Alí nos volvemos a atopar a Ricardo Varela .
O lugar era unha carpa situada no Campo da Feira e ateigada de xente .
É asombroso o moito que está a progresar Castroverde nestes últimos anos ( traida de augas ,obradoiros de emprego , saneamentos , postos de traballo público ( máis de 45 persoas ) ademais dos traballadores do Concello ) etc .
Os concellos que desta volta sexán socialistas estarán en primeira liña de inversións e vangarda , cada día nos damos conta deso .Eso é o que queremos no Páramo estar na primeira liña e non perder o tren !
A foto foi sacada co meu teléfono mobil
Pablo
No hay comentarios:
Publicar un comentario