sábado, abril 28, 2007

A Agrupación do PSdeG-PSOE do PÁRAMO con María Xosé Caride ( Conselleira de Política Territorial Obras Públicas e Transportes ) en LUGO

O xovés ás 20:00 horas acudin ó Multiusos da Xunta á Presentación do Plan de Seguridade Viaria de Galicia invitado polo delegado de Política Territorial .
Alí puiden escoitar á Conselleira María José Caride Estevez .Falou das cifras de mortos nas estradas desde principios dos anos oitenta en Galicia ( máís de 10 mil persoas ) e escoitamos o testimonio de persoas víctimas deses accidentes . O obxectivo da Consellería é reducir a un 40% a mortandade e os accidentes en Galicia .
A Conselleira ten unha oratoria perfecta , fala pausadamente e despacio. O final da charla tiven a oportunidade de coñecer á Conselleira .
Temos tanto que aprender ! tanto por facer ! . Na próxima reunión co Delegado tentarei de estudar a posibilidade de traer un Noite-Bus para O Páramo .


Pablo

No hay comentarios:

Colaboradores