martes, abril 03, 2007

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DO PÁRAMO ACUDIU ÁS XORNADAS DE PERSPECTIVA DE XÉNERO E SITUACIÓN DAS MULLERES EUROPEAS NO MUNDO DO TRABALLO CELEBRADAS EN SARRIA

O pasado Sábado 31 de Marzo do 2007 a Agrupación Socialista do Páramo acudimos ó Hotel Alfonso IX de Sarria ás Xornadas organizadas polo Grupo Socialista no Parlamento Europeo .
Tivemos a oportunidade de falar e coñecer entre outros a Antolín Sanchez Presedo que é Diputado no Parlamento Europeo .Tamén estivo alí Dolores Villarino Santiago ( Presidenta do Parlamento Galego ) así como Rosa Miguelez Ramos ( tamén diputada no Parlamento Europeo )
Ó día seguinte a nova saia minimizada no Progreso . Non entendo como algo tan imporante ten tan pouca cobertura na prensa escrita .Pola contra o hotel estaba ateigado de xente .
Alí estábamos os do Páramo con moitos dos nosos novos participantes . Era emocionante estar coas outras candidaturas socialistas dos concellos limítrofes : Láncara , Portomarín , Sarria , Pol etc .
Semellaba unha gala de Eurovisión . Foi realmente ilusionante estarmos alí os do Páramo , falando con Eurodiputados , normalizando a vida política , participando activamente nela .
Algo está a mudar paseniñamente !

Pablo

No hay comentarios:

Colaboradores