viernes, abril 06, 2007

Os Socialistas do Páramo adiantaron que a súa candidatura será totalmente renovada e con xente do rural

Están a traballar na creación dun Comité Electoral de Campaña para asesorar ós membros da lista e organizar os actos

O Páramo 05/04/07 . Os socialistas do Páramo informaron de que a candidatura do PSdeG-PSOE neste Concello xa está practicamente concretada e que é o resultado da Comisión nomeada para a elaboración da lista , da que forma parte o Candidato á Alcaldía Pablo .

Pablo adiantou que a candidatura será totalmente renovada e que estará formada por xente que vive e traballa do campo e que reside habitualmente no Municipio .

Tamén destacou que as mulleres terán unha presencia significativa pois , dixo é importante que as mulleres do rural teñán o protagonismo que se merecen e sexan partícipes das decisións pois representan á metade dos parameses e só hai actualmente dúas mulleres concelleiras .Neste sentido , a maior parte da nova candidatura de O Páramo acudiu ás xornadas sobre "Perspectiva de Xénero e situación das mulleres europeas no mundo do traballo " organizadas en Sarria polo Grupo Socialista no Parlamento Europeo .

O candidato socialista indicou que as perspectivas son moi boas , que están recibindo moitas mostras de apoio e que o traballo da Agrupación socialista está sendo moi ben acollido polos veciños de O Páramo .

Os socialistas resaltaron que están a traballar na creación dun Comité Electoral Municipal de Campaña que se encargará de asesorar á candidatura e organizar os actos dos Socialistas do Páramo .

Neste sentido , indicou que o vindeiro día 13 de abril está prevista unha charla informativa na 1º planta do Bar Santas en Vilarmosteiro sobre a lei de dependencia coa presencia da deputada no Congreso , Isabel Salazar e un acto de presentación de candidatura o día 25 de abril no Teleclube de Vilar ó que acudirán varios cargos públicos da provincia .Os socialistas de O Páramo tamén puxeron en marcha un blog para dar a coñecer o seu programa e actividades www.socialistasdoparamo.org .

NOTA : ( Nota de Prensa enviada ós medios de comunicación o día 4/05/07 . Publicado no Progreso o día 05/04/07 )

No hay comentarios:

Colaboradores