domingo, abril 29, 2007


OROZCO - VINTE HOXE NA PRENSA !

Estabamos entrando no comedor do Madrid no Corgo para a Presentación da Candidatura do Corgo e foi entonces cando puiden falar con Orozco - É o do Páramo lle dixeron os concellaís que tiña ó lado - Xa o sei , xa o sei , ( lles dixo ) - Vinte hoxe na Prensa ! e así empezamos a falar !

O que Orozco non sabía nin me deu tempo a contarlle foi o principio desta foto ! , a longa historia que pasei ata chegar a ela .
Relembro fai oito anos , daquelas era un mociño e empecei a ver en Telelugo a Orozco falando , cando transmitía os seus valores, o seu optimismo, a fe no política como motor de cambio . Orozco foi o meu ídolo e aprendin del que non pode haber satisfacción maior para un ser humano que aspirar a ser Alcalde do seu Concello , da terra que amas e te viu nacer , do lugar no que medraches, te namoraches e soñaches con chegar lonxe . De Orozco aprendin a dignidade do cargo de político. Que nós lle damos o significado a cada palabra . Orozco deulle para min un novo significado as palabras que coñecía .

Logo volvo a coller a foto do períodico , a nova Candidatura en titulares , a Candidatura máis renovada de toda a Provincia de Lugo , a Agrupación que máis medrou en toda a comarca de Sarria e eso............emocióname !.Emocioname facer o que sempre quixen facer.....para min esto non é traballar ... è facer Surf sobre as olas !

Pablo

sábado, abril 28, 2007


  • A Agrupación Socialista do Páramo acude a Presentación de Candidatura do Corgo o día 27 de Abril do 2007 .

A Agrupación Socialista do Páramo acude á Presentación da Candidatura do PSdeG-PSOE do Corgo. O seu Candidato " Manolo " segue a ser un exemplo para todos nós despois das vicisitudes que acaeceron na súa vida estes ultimos días .
Primeiro falou Orozco nun discurso sincero sobre a confianza .
Por último Manolo tamén tivo un discurso perfecto e falou do sue programa para os próximos anos .
Finalmente a Agrupación do Corgo saudou a todos os invitados e tivo unhas palabras como non para os do Páramo !
A Agrupación do PSdeG-PSOE do PÁRAMO con María Xosé Caride ( Conselleira de Política Territorial Obras Públicas e Transportes ) en LUGO

O xovés ás 20:00 horas acudin ó Multiusos da Xunta á Presentación do Plan de Seguridade Viaria de Galicia invitado polo delegado de Política Territorial .
Alí puiden escoitar á Conselleira María José Caride Estevez .Falou das cifras de mortos nas estradas desde principios dos anos oitenta en Galicia ( máís de 10 mil persoas ) e escoitamos o testimonio de persoas víctimas deses accidentes . O obxectivo da Consellería é reducir a un 40% a mortandade e os accidentes en Galicia .
A Conselleira ten unha oratoria perfecta , fala pausadamente e despacio. O final da charla tiven a oportunidade de coñecer á Conselleira .
Temos tanto que aprender ! tanto por facer ! . Na próxima reunión co Delegado tentarei de estudar a posibilidade de traer un Noite-Bus para O Páramo .


Pablo

viernes, abril 20, 2007

Yolanda Vazquez de San Mamede será a Número Dous da candidatura do PSdeG-PSOE de O Páramo .

Yolanda Vázquez nacida no ano 1974 en San Mamede ( O Páramo ) será a número dous da lista do PSdeG-PSOE de O Páramo ás próximas eleccións municipais.

A decesión foi adoptada por unanimidade pola Asamblea da Agrupación do PSdeG-PSOE de O Páramo así como o resto dos membros da candidatura que se presentará o Mércores día 25 no Teleclube de Vilar de Ribas de Miño ás 21:00 horas

Yolanda é titular dunha explotación gandeira na Parroquia de San Mamede .
O PSdeG-PSOE de O Páramo prentende así aumentar a representación feminina en postos de decisión do Concello así como fomentar a participación das mulleres do rural e das persoas que viven permanentemente no Páramo .

Moi segura de si mesma e decidida a participar desde un principio no proxecto socialista do Páramo dice que os seus principais obxectivos políticos son mellorar a calidade de vida das mulleres do rural galego , a falta de oportunidades laborais no Concello pero sobre todo loitar por un maior aumento de dotacións nos núcleos máis afastados da capitalidade municipal .Puxo como exemplo o caso de San Mamede (onde vive ) que dista a máis de 9 km do Campo da Feira do Páramo e - onde todo está por facer ( dixo ) .

O PSOE de O Páramo está a traballar nun Comité Electoral para dar cabida a moitas das persoas que quedaron fóra da candidatura o que viu desbordadas completamente as previsións do PSOE de O Páramo . Un feito sen precedentes na historia da Agrupación do PSdeG-PSOE no Concello do Páramo .

Agrupación do PsdeG-PSOE de O Páramo

www.socialistasdoparamo.org

socialistasdoparamo@gmail.com

sábado, abril 14, 2007

FOTOS DA CHARLA SOBRE A LEI DE DEPENDENCIA COA DIPUTADA NO CONGRESO ISABEL SALAZAR
(1º Planta do Bar Santas do Venres día 13 de Abril do 2007) 18:00 horas
FOTOS DA CHARLA SOBRE A LEI DE DEPENDENCIA CON ISABEL SALAZAR
(1º Planta do Bar Santas do Venres día 13 de Abril do 2007)

A sala estaba chea de xente , nótase o desexo de cambio na sociedade . Isabel Salazar asegurou que contábamos con grandes expectativas de cambio unha vez deu resposta ás numerosas preguntas sobre a Lei de Dependencia que representará o cuarto pilar do Estado do Benestar .

viernes, abril 06, 2007

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO PSdeG-PSOE DE O PÁRAMO

DÍA : Mércores 25 de Abril
Hora : 21:00 horas
Lugar : TELECLUBE DE VILAR ( Detrás da Igrexa de Vilar )
Asistirán cargos públicos da provincia )
Rematermos compartindo uns pinchos
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A LEI DE DEPENDENCIA

VENRES 13 DE ABRIL
18:00 HORAS
Lugar : 1ª Planta do Bar Santas . Campo da Feira ( Vilarmosteiro )

Interveñen :

ISABEL SALAZAR BELLO

Depuda por Lugo no Congreso e Licenciada en Mediciña .

PABLO

Candidato á Alcaldía do Páramo
Os Socialistas do Páramo adiantaron que a súa candidatura será totalmente renovada e con xente do rural

Están a traballar na creación dun Comité Electoral de Campaña para asesorar ós membros da lista e organizar os actos

O Páramo 05/04/07 . Os socialistas do Páramo informaron de que a candidatura do PSdeG-PSOE neste Concello xa está practicamente concretada e que é o resultado da Comisión nomeada para a elaboración da lista , da que forma parte o Candidato á Alcaldía Pablo .

Pablo adiantou que a candidatura será totalmente renovada e que estará formada por xente que vive e traballa do campo e que reside habitualmente no Municipio .

Tamén destacou que as mulleres terán unha presencia significativa pois , dixo é importante que as mulleres do rural teñán o protagonismo que se merecen e sexan partícipes das decisións pois representan á metade dos parameses e só hai actualmente dúas mulleres concelleiras .Neste sentido , a maior parte da nova candidatura de O Páramo acudiu ás xornadas sobre "Perspectiva de Xénero e situación das mulleres europeas no mundo do traballo " organizadas en Sarria polo Grupo Socialista no Parlamento Europeo .

O candidato socialista indicou que as perspectivas son moi boas , que están recibindo moitas mostras de apoio e que o traballo da Agrupación socialista está sendo moi ben acollido polos veciños de O Páramo .

Os socialistas resaltaron que están a traballar na creación dun Comité Electoral Municipal de Campaña que se encargará de asesorar á candidatura e organizar os actos dos Socialistas do Páramo .

Neste sentido , indicou que o vindeiro día 13 de abril está prevista unha charla informativa na 1º planta do Bar Santas en Vilarmosteiro sobre a lei de dependencia coa presencia da deputada no Congreso , Isabel Salazar e un acto de presentación de candidatura o día 25 de abril no Teleclube de Vilar ó que acudirán varios cargos públicos da provincia .Os socialistas de O Páramo tamén puxeron en marcha un blog para dar a coñecer o seu programa e actividades www.socialistasdoparamo.org .

NOTA : ( Nota de Prensa enviada ós medios de comunicación o día 4/05/07 . Publicado no Progreso o día 05/04/07 )
NOTA DE PRENSA DA Agrupación socialista do Páramo do dia 21/09/06 (+pincha)

martes, abril 03, 2007

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DO PÁRAMO ACUDIU ÁS XORNADAS DE PERSPECTIVA DE XÉNERO E SITUACIÓN DAS MULLERES EUROPEAS NO MUNDO DO TRABALLO CELEBRADAS EN SARRIA

O pasado Sábado 31 de Marzo do 2007 a Agrupación Socialista do Páramo acudimos ó Hotel Alfonso IX de Sarria ás Xornadas organizadas polo Grupo Socialista no Parlamento Europeo .
Tivemos a oportunidade de falar e coñecer entre outros a Antolín Sanchez Presedo que é Diputado no Parlamento Europeo .Tamén estivo alí Dolores Villarino Santiago ( Presidenta do Parlamento Galego ) así como Rosa Miguelez Ramos ( tamén diputada no Parlamento Europeo )
Ó día seguinte a nova saia minimizada no Progreso . Non entendo como algo tan imporante ten tan pouca cobertura na prensa escrita .Pola contra o hotel estaba ateigado de xente .
Alí estábamos os do Páramo con moitos dos nosos novos participantes . Era emocionante estar coas outras candidaturas socialistas dos concellos limítrofes : Láncara , Portomarín , Sarria , Pol etc .
Semellaba unha gala de Eurovisión . Foi realmente ilusionante estarmos alí os do Páramo , falando con Eurodiputados , normalizando a vida política , participando activamente nela .
Algo está a mudar paseniñamente !

Pablo

O sábado 31 de Marzo á noite a Agrupación Socialista do Páramo acudimos a arroupar ó Candidato á Alcaldía de Castroverde Xose Maria Arias Fernández .Alí nos volvemos a atopar a Ricardo Varela .
O lugar era unha carpa situada no Campo da Feira e ateigada de xente .
É asombroso o moito que está a progresar Castroverde nestes últimos anos ( traida de augas ,obradoiros de emprego , saneamentos , postos de traballo público ( máis de 45 persoas ) ademais dos traballadores do Concello ) etc .
Os concellos que desta volta sexán socialistas estarán en primeira liña de inversións e vangarda , cada día nos damos conta deso .Eso é o que queremos no Páramo estar na primeira liña e non perder o tren !
A foto foi sacada co meu teléfono mobil

Pablo
Os Socialistas do Páramo acudimos á Presentación da Candidatura de Orozco o día 28 de Maio no Gran Hotel de Lugo .

jueves, febrero 15, 2007


Mentras ainda non temos moitos contidos neste Blog ( xa que estamos empezando ) invítote a visitar o outro blog que creei no ano 2004 e no que traballo a miudo chamado "Aquí O Páramo " que hoxe ten máis de 550 noticias sobre O Páramo .(+pincha)
Tamén te invito a descargarte o navegador mozilla firefox , con el verás as nosas webs moito mellor (+pincha)

Un saudo

Pablo

viernes, febrero 02, 2007

A Agrupación Socialista do Páramo xa usa e disfruta o dominio www.socialistasdoparamo.org , que saibamos o primeiro dominio .org do Páramo !

martes, enero 30, 2007

viernes, enero 26, 2007

CONTACTO :

ESCRIBENOS A :

ENDEREZO ELECTRÓNICO:

socialistasdoparamo@gmail.com

ENDEREZO POSTAL :

"Agrupación Socialista do Páramo"
Apartado de Correos Nº24 de Sarria
CP:27600

TELEFÓNOS :

Polas Tardes:

982 530062(Sarria)

As mañans :

982 245000(Lugo)

Fax : Dirixido a :

Agrupación Socialista do Páramo

Número : 982 245 422

Colaboradores